A xeración dos Sub18 rumbo a Málaga

Un total de 59 galegos e galegas tomarán pare esta fin de semana no Ciudad de Málaga no Campionato de España Sub18 de aire libre.

A este encontro acuden os galegos e galegas con importantes bazas e co obxectivo de mellorar os catro metais e dez postos de finalistas colleitados o ano pasado en Gijón.

Importantes bazas

Entre os mellores situados no ranking de España que a priori poderían ser determinantes no reparto dos metais, atópase Iker Fernández de A Gándara que acude ca segunda mellor marca na proba dos 1.500 m.  Na categoría feminina, o bronce nacional indoor no pasado nacional de Sabadell Eva Rouco do Lucus, fará valer o seu rexistro de 4:31.72 como principal aval á loita polas medallas.

Os 800 m. terán na campioa de España Indoor Celia Castro a atleta que conte con máis opcións de estar novamente no máis salto do podio da distancia.

Os actuais campións de España de pista cuberta na proba dos 3.000 m. Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural e Sabela Martínez da Gimnástica de Pontevedra, buscarán revalidar os seus títulos e completar un fantástico ano no deportivo.

En valos contaremos ca actuación do subcampión de España do ano pasado Leo Rodríguez do Celta,  tomando parte na disputa directa polas medallas dos 400 valos.

Nos concursos, atención no triplo a Gonzalo Cuns do Atletismo Negreira que acude ca segunda mellor marca de 14.53 m. De igual modo estaremos moi pendentes do que poidan facer tanto Enzo López do Barbanza no lanzamento de xavelina como a finalista de pista cuberta no lanzamento de peso Gema Dacosta do Vila de Cangas.

Sen bandoar os lanzamentos Aixa Corbacho do Rías Baixas en martelo e a subcampioa de España 2023 Lara Iglesias da Atlética Barbanza en xavelina, parten como favoritas para lograr o título logo de liderar o ranking nacional con 63.04 m. e 50.51 m. respectivamente.

Esteramos tamén moi pendetes das actuacións entre outras e outros de Sebastián Bascoy do Coruña Comarca nos 200 m.; de Nicolás Collazo do Ames Atletismo na marcha; de Debris Paniagua de O Pino nos obstáculos; da medallista de bronce indoor Iria Solera de la Purísima en altura; da campioa Sub16 na pasada tempada en disco Mar Simón do Celta; do campión de España Sub16 Alex Sierpes do Trega nos 1.500 m. e a dos medallistas de bronce indoor Javier Picos do Marineda nos 400 m. e Eloy Acuña da Gimnástica en peso.

Por último no campionato de remudas, presenza do equipo coruñés do Marineda Atlético que estará tomando parte na proba do 4×100

Compartir: