Un atleta galego, de talla internacional, correrá este domingo entre miles de persoas polas rúas da cidade neoyorkina. Manuel Rosales, natural de Marín, acudirá unha vez máis á clásica Maratón de New York. Esta carreira lévase organizando dende o ano 1970 e atrae a profesionais e aficionados procedentes de todolos rincóns do mundo. A participación neste evento está limitada a 37.000 participantes elexidos na súa maior parte por sorteo, maila que a demanda de participación nesta proba supera con creces esta cifra. Rosales xa acudiu a New York en 11 ocasións gañando a proba en 8 ocasións. Asemade tamén participou en outras competicións de gran relevancia e prestixio internacional como o Maratón de Rotterdam, Boston ou Londres. Todo un exemplo a seguir e dende esta federación desexamóslle o mellor para esta nova hazaña internacional! (Web do evento) (Foto, Lalo R.Villar (www.elpais.com))