O arzuano, Lolo Penas non poido superar o seu mellor posto nesta clásica carreira galega e tívose que conformar ca 6ª praza. Paula Mayobre rematou a proba en oitava posición, sendo o seu mellor posto de todalas súas participacións. Maila choiva presente ao longo da mañá do domingo, o nivel e a participación neste importante evento non se veu perxudicado polas condicións climatolóxicas. Goitom Kifle asombrou co seu ritmo de carreira a todolos espectadores que presenciaron o evento ao longo de todalas rúas da cidade. O eritreo non deu opcións aos seus rivais dende a saída da proba.(Mais información)