Resultados

San Fernando Lucus: 7º no Campionato de España de Clubs Cadetes

Onte, sábado 23 de outubro, celebrose no estadio CAD de Zaragoza a Final do Campionato de España de Clubes en categoría cadete, tanto masculino coma femina. Ata alí desplazouse o equipos cadete masculino formado por 18 atletas dos anos 95 e 96 do SF Lucus e os seus clubes filiais Coruña Comarca e Club Polideportivo Casás, tras lograr o seu pase a final o pasado 2 de outubro, tamén en Zaragoza.
Estaban como o 8º equipo da final, así que as opcións do equipo pasaban de intentar evitar esa última praza e seguir collendo experiencia para vindeiras temporadas.
E a actuación non puido ser mellor, os xóvenes atletas do SF Lucus Caixa Rural remataban nun meritorio 7º posto final, con moi boas actuacións dos seus atletas, ainda que non alleos a mala sorte, refrexada nos nulos na pértega de Alberto Blanco, a descalificación nos 5Km de Antón Rouco e a caida nos 100 m.v. de Miguel Pérez cando loitaba pola tercera plaza.
Resultados

Compartir: