Curso Psicología do Deporte

O sábado 30 de Outubro, en vésperas da Pedestre de Santiago, vai ter lugar un curso destinado precisamente a aumentar o rendemento dos corredores que participen na mesma.
CÓRRER COA CABEZA é un curso deseñado para adestrar a parte mental que inflúe nesta carreira, en particular, e outras competicións, en xeral. Veranse as claves importantes para antes, durante e logo dunha carreira (modelo estándard) e, ademais, aspectos específicos da Pedestre (por exemplo, a subida de Vite ou como se pode gozar sacándolle o máximo partido a eses 12 km). Entregarase aos asistentes, unha ficha do modelo estándard para “traballar unha competición”.
Datos de interese:
– Data: Sábado 30 de Outubro
– Hora: 18 h
– Prezo: 8 €
– Lugar: O Corte Inglés – Centro Comercial Compostela – Salón de Ámbito Cultural (Planta Baixa)
– Contacto e inscricións: info@libredon.org 981576666 ou previo á charla

Compartir: