Resultados

Éxito organizativo e deportivo

A Federación Andaluza lograba esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra o título de Campioa de España por Federacións Autonómicas Sub18, nun emocionantísimo encontro que se decidía na última proba fronte a Selección Catalana. Nunha alternancia constante no posto de cabeza entre ambas seleccións, os andaluces remontaban na última proba de remudas 4×400 para igualar a puntuación do campionato que lles permitía celebrar finalmente o título grazas ao maior coeficiente de mellores postos. Con este resultado, os andaluces suman a súa terceira victotia do campionato logo das logradas nos anos 2002 e 2003

Excelente comportamento da Selección Galega

Como de moi destacada pódese calificar o comportamento da Selección Galega participante neste Campionato de España.

Nun combindao no que se xuntaba veterania e novidade, a nosa selección foi capaz de estar na pelexa directa polo podio ata practicamente as últimas probas do encontro, na que unha máis experimentada selección valenciana lograba finalmente o terceiro posto do caixón.

Por parte da nosa selección o máis importante foi o gran comportamento que se tivo no colectivo o que permitiu presentar un bloque moi homoxeneo que rendiría incluso, a un nivel máis alto do agardado.

De entre as actuacións no individual, o máis salientable foi o triunfo de Lara Iglesias quen lograba o primeiro posto en lanzamento de xavelina cun só lanzamento de 44.49 m. Xunto á de Barbanza tamén destacaron os segundos postos logrados por Sabela Martínez nos 3.000 m. con 9:51.19 e Iker Fernández nos 1.500 m. con 3:52.73 así como os terceiros postos de Leo Rodríguez nos 400 valos con 53.54 e Xaido Nimo con 53.79 m. en martelo.

A maiores, contribuiron a esta meritoria actuación os postos de cabeza logrados por Adrián Bernárdez nos 100 m;  Miguel García nos 400 valos, Eloy Acuña en peso, Celia Castro nos 800 m. e as remudas 4×100 e 4×400 m. así como a gran capacidade e actitude competitiva amosada por Paula Conde nos 200 m.; Martína Gutiérrez nos 100 valos; Christian Sierpes nos 2.000 obstáculos, Gael Couñago en altura, Pedro Reino en lonxitude,; Marina Artemia Pérez na pértega; Irati Legazpi en triplo; Gema Dacosta en disco e Icia Ares en 5000 marcha.

Recoñecemento á Selección Galega

A entrega de trofeos ós gañadores estivo presidida polo Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete , quen ademáis ao remate, quixo facer entrega dunha placa de recoñecemento á Selección Galega de Atletismo e a cada unos dos seus integrantes.

A maiores o Presidente da Federación Galega Iván Sanmartín exercendo de anfitrión, agradecía e felicitaba persoalmente a cada federación polo seu paso por Pontevedra, facéndolles entrega dun obsequio conmemorativo do campionato.

Remodelación das pistas do CGTD

A disputa deste torneo serviu para “inaugurar” a nova e importante remodelación das pistas de Atletismo do CGTD levada a cabo pola Xunta o que seguirá permitindo desenvolver unha importante e notoria actividade atlética na mesma.

Resultados

Galería de fotos

Compartir: