A competición desenvolta este sábado no Barco de Valdeorras serviu de despedida da tempada actual para os lanzadores galegos.
A proba máis concurrida foi o lanzamento de xabalina que foi dominada polo xabalinista veterán Raimundo Fernández acadando o mellor rexistro cun lanzamento de 64,82 mtrs- En
segunda posición remataba o xoven e mundialista junior Borja Barbeito con 64,60 mtrs,e en tercer lugar o Campión de España Promesa Manuel Uriz con 63,20 mtrs.
Sen dúbida algunha podium de luxo para este criterium autonómico.
Outras marcas destacadas da reunión foron os 51,64 mtrs en martelo de Carlos Revuelta, ou os 44,36 mtrs de Carmenza Delgado en ,martelo femenino. Asemade, destacou
a atleta cadete de A Silva Martín Liste, quen se impuso no lanzamento de disco con 44,07 mtrs., obtendo ademais uns prometedores 49,43 mtrs na xabalina. Os trofeos de mellor marca
foron a parar nas mans de Carmenza Delgado en categoría femenina, que obtuvo 664 ptos polos seus 44,36 mtrs en martelo e para o xabalinista Raimundo Fernández na
categoría masculina, que con 64,82 mtrs. obtivo 857 ptos. (Resultados)