Resultados

O Concello de Esgos presentou a gran cita do vindeiro 16 de xuño

No día de hoxe tivo lugar a presentación do XVI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running- Carreiras de montaña no Concello de Esgos que presidiu o alcalde do concello Mario Rodríguez. O rexidor estivo acompañado neste acto polo Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense Manuel Pérez, o Director do Área de Cultura e Deportes da Deputación de Ourense Marcos Vázquez,  o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Eladio Gómez, o Concelleiro municipal de Esgos José Antonio Blanco,  e o responsable Técnico de T.R da Federación Galega de Atletismo Iván Sangiao

Esgos escenario predilecto

O Concello de Esgos tanto pola súa colaboración e facilidades prestadas a nivel organizativo, como pola súa excelente orografía a nivel físico, representa un dos escenarios máis idóneos para a disputa deste campionato. É por elo que prácticamente en todas as súas dazaseis edicións, agás en dúas, se escollera o circuito de Subida Rocas – Eirado para desenvolver esta cita autonómica na que a atleta Soledad Castro do Comesaña S.C  é quen máis títulos acumula no histórico da proba.

O campionato lavarase a cabo o vindeiro día 16 de xuño e nel poderán tomar parte atletas das categorías de Sub16 en adiante. A primeira proba dará comezo as 10:30 horas para as categorías  Sub23 en adiante sobre unha distancia de 17 Km. Unha hora máis tarde, serán os Sub18 e Sub20 quenes compitan neste caso, sobre un percorrido de 8,5 Km.

Importante medre da modalidade

Practicamente a estas alturas, todo a punto en Esgos para recibir ós máis importantes especialistas e amantes desta modalidade que se agarda acudan nun importante número procedentes de todos os puntos da nosa Comunidade.

A evolución e demanda que está acadando este sector do atletismo galego, ten reflexo no importante medre que está experimentando o número de licenzas federadas así como na importante proliferación e organización de probas desta modalidade que deu como resultado este mesmo ano, a posta en marcha do Circuito do Galicia Trail Running a instancias da Federación Galega.

Os efectos deste importante aumento, estase deixando notar na consecución de excelentes resultados no deportivo, no que recentemente o atletismo galego contaba ca primeira medalla nun campionato internacional. Foi no pasado Campionato de Europa de Trail Running no que se produxo o debut de dous galegos, Sandra González e Asheber Díaz,  atleta este último que lograba a medalla de bronce por equipos Sub20 na modalidade de Mountain Clasic.

A todo este importante pulo sen lugar a dúbidas, contribuía o Concello de Esgos quen apostaba xa no ano 2005 pola organización do primeiro Campionato de Galicia e que de maneira paralela, se desenvolve co Trail San Pedro das Rocas na súa vertente máis popular

Cambios no circuito e moitos premios e sorteos ao rematar a proba

No que atinxe á proba popular do Trail San Pedro das Rocas-Esgos este ano contará con importantes variantes en canto ao trazado, xa que está deseñado conforme as normativas da competición do TR especialidades de carreira de montaña. Para elo haberá un treito de subida e outro de baixada con dous circuitos de ruta, un para o longo ( absoluto, senior, sub23 e máster) e outro para ruta curta (resto de categorías)

A maiores, a organización ten previsto efectuar sorteos e repartir agasallos, entre os cales estatrá a sempre ben recibida camiseta conmemorativa que irá acompañada dun trofeo da carreira popular, premios, xantar ao remate das probas así como o dereito a participar en varios sorteos. Para acceder a todo elo, a condición é efectuar á inscrición a través da páxina de carreiras galegas  aboando o prezo de inscrición de 17€.

O límite de inscrición para a popular é ata o mércores 12 de xuño

Compartir: