Resultados

Carballo organizou cun notable éxito o Campionato Galego de 5K

Excelente xornada vivida este domingo no Concello de Carballo tanto no deportivo como no organizativo correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de 5K.

Nada menos que un total de oito novos récords autonómicos melloráronse na multitudinaria xornada atlética que se desenvolvía conxuntamente ca clásica 10K Concello de Carballo.

Campións por partida dobre

Tanto Eva Piñel do A.F. Celta cun crono de 16:58 como David de la Fuente da Gimnástica con 15:06 proclamábanse campións galegos desta edición e o facían ademáis, apenas unas horas despois de lograr en Lourenzá o autonómico de Milla en ruta. Xunto aos novos campións de Galicia estiveron nas medallas Sofia Freaza do Comesaña con 18:33 e Branca Fernández do San Miguel de Marín con 18:58 así como Alex Sierpes do Trega a un segundo do gañador e Hugo García do At. Portugalete que entraba no terceiro posto a catro segundos.

No resto de categorías cabe salientar o rexistro do plusmarquista e campión de España Alex Sierpes quen estabrecía un rexistro de 15:07 o que supoñen un novo récord galego Sub18 e Sub20 da modalidade. A maiores tamén lograron plusmarcas galegas Juan Gude do Lucus Caixa Rural na M50 con 15:41; Emilio Pérez do ADAS con 15:14 na M35; José Suárez do S.D Compostela con 17:13 na M60; Xosé Lois Otero do At. Santiago con 16:56 na M70; Fernando Saínz do At. Sar con 22:02 na M75 así como Ángeles Ripoll do At. Sada con 23:22 na W65.

No resto de categorías, as gañadoras e gañadores foron:

  • Sub18. Andrea Díaz (Ría Ferrol) e Alex Sierpes (S.D. Trega)
  • Sub20. Alejandra Formoso (Triki team) e Iván Rego (LUCUS)
  • Sub23. Braca Fernández ( S.M.Marín) e Hugo García (At. Portugalete)
  • Máster35. Elena Suárez (S.D. Compostela) e Emilio Pérez (ADAS CUPA)
  • Máster40. Sofía Freaza (Comesaña SC) e Fernando Díez (Coruña Comarca)
  • Máster45 Natalia Rivas (Independete) e Alejandro Pesado (ADAS CUPA)
  • Máster50. Inés Papín (Dawako At.) e Juan Antonio Gude (LUCUS)
  • Máster55. Nuria Pastor (Lugo Running) e Fernando Hoyos (CD Pinarium)
  • Máster60. Esther Pedrosa (Dawako At.) e José Suárez (SD Compostela)
  • Máster65. Ángeles Ripoll (At. Sada) e Javier Toro (Verxel Nut.)
  • Máster70. Xosé Lois Otero (At. Santiago)
  • Máster75. Fernando Sainz (At. Sar)

XII 10K. Concello de Carballo

Na clásica 10K do Concello de Carballo, e pertencente ao IX Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, os gañadores absolutos foron Tina Fernández da S.D Compostela con 38:31 e o internacional Alejandro Fernandez do Ourense Atletismo quen invertía un crono de 30:53

Compartir: