Resultados

A FGA novamente desenvolve a súa campaña informativa sobre os requisitos obrigatorios esixidos pola lei para a celebración de carreiras populares

A Federación Galega de Atletismo novamente inicia a súa campaña informativa sobre os requisitos que deben cumprir os organizadores de carreiras populares de Galicia co fin de acollerse á normativa vixente regulada no Real Decreto 1428/2003 e 849/1993. Co título “Cumprir a lei é moi doado, non xogues co deporte! – Pola túa tranquilidade, Pola seguridade dos teus participantes, Pola calidade da túa carreira, Oficializa a túa proba! a FGA pretende concienciar aos organizadores para que cumpran os requisitos establecidos co obxecto de non incurrir nalgunha ilegalidade. Asemade, independientemente do cumprimento desta normativa a FGA ofrece aos organizadores que desexen oficializar a súa carreira cumprindo os requisitos establecidos na Circular 61-2010 unha serie de vantaxes que serán de gran utilidade para os organizadores: Inclusión da proba no Calendario Oficial da FGA, inclusión da proba na Guía das Carreiras Populares de Galicia, Posibilidade de ofrecerlle unha plataforma on-line gratuita para as inscricións, prezos moi competitivos para a contratación do seguro de accidentes, dorsais, imperdibles, camisetas técnicas e servicios sanitarios. Se ti eres organizador non dubides en contactar ca FGA a través do email secgeneral@fgatletismo.com

Compartir: