Resultados en Directo

Protagonismo na fin de semana para as probas combinadas

Dobre cita importante nesta fin de semana para o sector de Probas Combinadas.

Por unha banda a Selección Galega viaxará ao concello madrileño de Arganda del Rey para tomar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas os días 1 e 2 de xuño,  no que a nosa selección competirá contra os equipos de Valencia, Canarias, Madrid, Castela-León, Murcia, Pais Vasco e a vixente campioa, Catalunya.

Sobre un formato de clasificación final mixta que suma conxuntamente as 4 mellores puntuacións -2 homes e 2 mulleres-, o noso combinado, que gañaba nos anos 2007 e 2008, pelexará polos postos de podio intentando mellorar o cuarto posto colleitado no ano 2022 en Soria.

Para elo viaxarán na categoría masculina os internacionais  Gerson Vidal Izaguirre e Adolfo Sainz-Maza que conforman a punta de lanza dunha seleción que completan Xoel Otero, Marta Alexandra Lisboeta, Alicia Merino e Iria Solera.

A outra importante cita do sector, será a que se leve a cabo nas pistas da USC de Santiago que recibirán aos participantes no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas para as categorías absoluta, Sub23 e Sub18.

Na mesta  poderemos ver a actuación da campioa e subcampioa galega do pasado autonómico de pista cuberta, Eva Salvado da Gimnástica e Nerea Amigo do At. Sada. A medallista de bronce Sub20 Candela Vázquez do At.Sada, xunto a Paco Lamas da Gimnástica, Nerea Lago da A.D. Car e Antía Calvo da At. A Silva, completan a relación de atletas destacadas.

Foto: webb do Celtaatletismo.es

Compartir: