Resultados

Campionato de Europa de Veteranos: 3 Ouros, 2 Pratas e 1 Bronce

Gran Campionato europeo realizado polos nosos veteranos, cun total de 6 medallas.Todas elas a cargo das mulleres
Dobre campionato de Europa a cargo de Soledad Castro Soliño do Comesaña Sporting Club en 5000 e 10000 metros cuns rexistro de 18.19.28 e 39.01.26, e outro ouro foi conseguido pola súa compañeira de Club Maria Jesús Sanguos Espiño en 80 metros valados con 13.83 e novo record de España na categoria W55.As dúas medallas de prata foron para Emilia Mesa Soriano do Ourense Academia Postal en Xavelina con 34,32 (Record de España) e lonxitude con 4,46. Emilia tambien fíxose co bronce na proba de peso con 10.84 na categoria W55.
Desde a FGA fecilitamos a estas extraordinarias atletas polo seu gran espiritu competitivo. Actuacción Galega

Compartir: