Resultados

Balaídos recibe o galego máster

Esta fin de semana os máster terán a súa gran cita autonómica da tempada ca celebración da trixésimo sétima edición correspondente ao seu Campionato Xunta de Galicia de aire libre,  que acollerá un ano máis, as emblemáticas vistas viguesas de Balaídos.

A esta citan están chamados a tomar parte máis de 400 atletas entre os que se atopan o actual bicampión de Europa da pasada edición indoor de Torun (Polonia) Juan Manuel Morales del Castillo do Marineda quen tomará parte na proba dos 5.000 marcha.

Xunto ao coruñés, tamén estarán participando no foso de lonxitude a campioa de Europa F35 Tania Valverde do ADAS CUPA e o subcampión continental M50 de A Silva Basi Bernárdez quenes buscarán un bo test de cara aos grandes compromisos de aire libre.

O bimedallista europeo Pablo Fervenza do Samertolomeu sobre os 800 e 1.500 m. na M70 e as atletas do At. Sada Angeles Ripoll nos 5.000 m F65 e Montse Fernández  nos 100 m. F55, completan a lista de medallistas europeos da pasada edición indoor.

De igual modo tamén estarán presentes prácticamente a totalidade dos campións e campioas de España da última edición máster levada a cabo a principios de marzo en Donosti.  Entre os que se atopan, pasarán polo sintético de Vigo,  Bea Viteri do Samertolameu e Dani Giménez do At. Sada en pértega; Carlos Álvarez do Samertolameu en altura M55;  Helena Rey da Gimnástica en peso F50; Javi Viteri do Samertolameu en disco e xavelina na M60; o plusmarquista nacional  Jose López Cordal do Marineda nos 100 valos M65; Fernández González do Franciscanos de Lugo nos 200 m. M70; Domingo Álvarez do Egovarros nos 400 m. M70; Amalia Luz Sanmartín do Egovarros nos 100 e nos 200 m. F70, así como a campioa mundial de xavelina Angeles Rodríguez de A Silva quen tomará parte sobre este mesmo concurso e sobre o de peso na F65.

Outra das atletas importantes que estará compitindo esta fin de semana, será a plusmarquista mundial Esther Pedrosa  quen está anotada para tomar parte nas distancias dos 400 m. e nos 1.500 m. da categoría F60.  Xunto á santiaguesa, deixaranse notar nas distancias longas algúns dos medallistas por equipos do recente campionato de Europa de Media maratón disputado en Madeira, entre eles, Amador Pena e Marcelo Lanza da S.D. Compostela, así como Carlos Ferreira do ADAS CUPA.

 

 

Compartir: