Resultados

Campionato Galego Absoluto

Na mañá de hoxe nas instalacións de Begano S.A., fíxose a presentación da 75ª Edición do Campionato Galego Absoluto e de Relevos que se celebrará o próximo dia 24 no Estadio Municipal de Balaidos. No acto estiveron presente o Secretario Xeral de Deportes da Xunta Don José Ramón Lete Lasa, Don Xabier Alonso Pérez (Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo); Lucía Molares Pérez (Delegada da Xunta de Galicia en Vigo);
Dona María Troncoso Calvo (RR.EE. de Begano – Coca-Cola);Don Isidoro Hornillos Baz (Presidente da FGA) e Don Eleuterio Anxo García Rodríguez (Presidente da Delegación en Vigo da FGA).
Os medios de comunciación alli presente tomaron boa nota dos atletas que estarán presente nesta edición (algún deles medallistas absoluto do ultimo Campionato de España do pasado fin de semana en Avilés).
A competición celebrarase en xornadas de mañá (de 10.30 a 13.55 horas) e tarde (de 16.30 a 2030 horas). Infórmase aos atletas de salto de lonxitude masculina e feminina do cambio da hora de celebración entre estas probas. A modificación deste horario está sinalada na Circular 55-2010 e foi remitida a todolos estamentos atléticos.
Atletas inscritos
Con máis de 300 inscricións, se preve un interesante campionato que dará por finalizada a tempada estival do atletismo galego. Entre os participantes cabe destacar a interesante competición de xavelina onde Manuel Uriz (72,01 m) e José M. Vila (71,75), segundo no Campionato de España, son claros aspirantes ao título. En martelo enfrontaranse Isaac Vicente (69,04 m), Prata no Campionato de España (C.E) e Cristóbal Almudi (65,33 m) cuarto no C.E. En triplo, Jose A. Palomanes (15,90), Prata no C.E. En lonxitude Jean M Okutu (7,69), Bronce no C.E. Victor Riobóo ( 800 /1.48.00).
Participación de mulleres
Destacar a participación en Disco de Mercedes de Santalo (52,61). Lorena Luaces en marcha (45.54.03) segundas no R.N das súas probas. En triplo a xuvenil Ana Peleteiro (12,33 m), campioa de España da súa categoría. Lida Casal (100 e 200/12.55 e 25.34). Leticia Fernández (800/2.13.76). Beatriz Viteri (Pértega/3,51 m). Lidia Parada (Xavelina/43,20). Atletas inscritos

Compartir: