Manuel Penas, Begoña Garrido e Alessandra Aguilar seleccionados pola RFEA para o Campionato de Europa Absoluto

Hoxe publicouse a selección española de atletismo que participará no Campionato de Europa que se celebrará en Barcelona do 27 de xullo ao 1 de agosto. Neste selecto grupo de atletas figuran o nome de tres atletas galegos, Manuel Ángel Penas que participará na proba dos 10.000 metros, Begoña Garrido que competirá nos 400 metros lisos e Alessandra Aguilar que particpará na proba de Maratón. Destacar que outros atletas galegos tiñan a mínima para participar neste campionato,pero finalmente non foron seleccionados. Tamén formará parte da expedición española o adestrador e Director da Escola Galega de Adestradores Mariano García-Verdugo, técnico galego que goza dunha ampla experiencia como integrante da selección española. (Mais info. Click AQUÍ) Circular 149-2010

Compartir: