Campionato de España Absoluto: José M. Vila, Virginia Villar, Lorena Luaces, Begoña Garrido, José A. Palomanes e Isaac Vicente: Pratas y Jean Marie Okutu: Bronce

Na primeira xornada do Campioanto de España Absoluto que se celebra en Avilés, a gran proba da mañá foi a xavelina homes, onde os nosos tres representantes tiñan serias opcións de medallas, pero a proba non comezou ben, pois tras o primeiro lanzamento o gran favorito Gustavo Dacal nada mais lanzar 65,21 metros lesionouse e non volveu á competición e Manuel Uriz moi lonxe das súas marcas desta tempada non paso de 64,48 metros non entrando na mellora, levándolle ao décimo posto da clasificación xeral. Nembargantes, boa competición para Jose M. Vila que excedeu en tres ocasións os 70 metros, facendo no segundo intento 70,57, o que lle facilitou a medalla de prata. Nesta xornada tomaron parte Santiago Ferrer e Telmo Beceiro en decathlon que trala disputa das tres pimeras probas (100,lonxitude e peso) con 1935 e 1766 ocupan a 6ª e 10º posición.
Tamén houbo participación galega en mulleres, onde interviñeron Virginia Villar e Antía Martínez en 100 valos, logrando pasar á final Virginia cunha marca de 14.29.Antia non logra meterse co rexistro de 15.58

2 Xornada sabado tarde
Tres novas medallas para os galegos a cargo de Virginia Villar nos 100 valos con 14.53 e Lorena Luaces en 10 Km. Marcha con 46.06.24, logrando ambas as medallas de prata, mentres que Jean Marie Okutu en lonxitude cun rexistro de 7,63 metros acadaba o bronce.
A primeira proba que intervenen os galegos foi o decathlón, onde Santiago Ferrer superou o liston de altura en 1,77 metros, no trocante a Telmo Beceiro o mesmo abandonaba o campionato.
Na proba de 400 valos Javier Fidalgo logra meterse na final por tempo ao facer unha marca de 53.04. As semifinais de 400 mulleres, estivo dominada por Begoña Garrido ao facer 54.80 a mellor marca das participantes.en disco Mercedes de Santalo, logra a cuarta praza con 48.55. Os 800 metros nos deixa a clasificacion para a final de Victor Riobo con 1.50.09, Ismael Costas non logra meterse na final ao realizar 1.52.39. Alvaro Contreras, logra exceder os 2,00 metros. Boa semifinal de Gustavo Platas con 3.48.08 quen logra meterse na final por tempos. Trío de participantes na proba de 5000 metros onde a mellor clasificación estivo a cargo de Manuel Penas con 13.51.43 en quinta posición, sendo Carlos Villamor 11º con 14.18.56 e Gustavo Nieves no posto 12 con 14.20.65. Tras a primeira xornada de decathlon Santi Ferrer marcha na 6ª posicion cun total de 3.226 puntos

Xornada Domingo:
Tres novas medallas de prata para os galegos en última xornada a cargo de Isaac Vicente en martelo con 68,41. O discípulo de Hermida volveu a desmostrar o bo momento que atravesa e logra o subcampionato. José A. Palomanes en triplo con 15,84 e Begoña Garrido en 400 con 54.31 (MMT) foron os outros dous medallistas de prata.
Bo campionato de Santiago Ferrer en decathlón que rematou en 4º posición cun total de 6.304 puntos.
Un total de 7 medallas (6 pratas e 1 bronce), tres cuartos postos e un quinto.
Desde a FGA queremos felicitar a todos os atletas polo bo campionato realizado

Resultados Actuacción galega

Compartir: