As últimas competicións de este fantástico atleta xa auguraban algo grande, e
así foi o atleta do Maraton, Isaac Vicente, en Vigo logra exceder os 69 metros, e o discipulo de Hermida volve bater a mellor marca galega cun rexistro de 69,04 metros.
Na xornada do Gran Premio Cidade de Vigo tamén Borja Barbeito, demostrou a súa gran tempada ao lanzar 69,00 metros en xavelina, despues de lograr un record de España Junior o
pasado dia 3 en Castellón con 71,36.
En resumo unha boa competición, onde varios atletas conseguiron bos rexistro. No vindeiro fin de semana en Aviles, volveran a demostrar os seus bos rexistros na disputa do Campionato de España
absoluto.
Dende a FGA queremos fecilitar a Isaac Vicente, asi como ao seu adestrador Jose M. Hermida polo gran traballo que vén realizando cos martillistas galegos. ¡
parabéns¡ Resultados
Foto: xentileza de Flor Currás