Excelente actuación de Víctor Rioboo no Meeting de Madrid. 1:48:0 nos 800 m.l. mínima para o Europeo

O mediofondo galego volve a destacar nunha competición de rango internacional. Despois da magnífica actuación dos mediofondistas galegos no nacional de federacións, novamente o marinense Víctor Rioboo quiso demostrar o seu bo estado de forma gañando a serie B do Meeting Internacional de Madrid. A pesar das malas condicións climatolóxicas Víctor Rioboo logrou parar o crono na proba dos 800 m.l. nun excelente tempo de 1:48:0 o que supón mínima para o Campionato de Europa. Estamos seguros que antes do remate da tempada este tempo pode ser rebaixado nunhas décimas por parte deste destacado atleta galego. (Resultados)

Compartir: