Galicia: 7ª en Mulleres e 9ª Homes no Campionato de España Xuvenil de Comunidades Autonomas.

A Selección Galega competiu este fin de semana en Lloret de Mar coa disputa do Campeoantom de España Xuvenil de Comunidades Autonomas.
A vencedora foi a Comunidade de Cataluña en home e Mulleres, logrando a nosa Selección a septima praza na categoría femenia con 216 puntos e a novena en homes con 192 puntos.
Os mellores postos logrados polos nosos representantes foron un primeiro posto conseguido por Lida Parada en xavelina con 42,31 metros, os cinco segundos postos de Gonzalo Basconcellos en 2000 Obs. Con 6.16.73, Rocio Carbia en 5 Km. Marcha con 26.34.94, Adrian Estevez en disco con 47,00 metros, Belén Toimil en peso con 12,58 e Alicia Merino en longitiud con 5,36. E dous terceiros postos a cargo de Luís Gonzalez en peso con 14,39 e Paula Ferreiros en Altura con 1,64 metros. Resultados

Compartir: