En Lloret del Mar novamente a selección galega volveu a acadar un bo posto, especialmente a selección feminina. Os homes acadaron a 9ª praza con 176 puntos a pesar de obter ceros puntos en dúas probas (martelo e lonxitude). As mulleres tiveron máis sorte e acadaron 216 puntos obtendo así a 6ª praza situándose por detrás dunha forte selección de Andalucía e por diante de Madrid. A título individual hai que salientar a magnífica actuación de Lidia Parada primeira na proba de xavalina, os segundos postos de Alicia Merino, Rocio Carbia e Belén Toimil. (lonxitude, 5 km marcha e peso respectivamente) e o tercer posto de Sonia Beceiro nos 100 m. valados. No trocante á selección masculina os mellores postos foron para Adrián Estévez e Gonzalo Basconcelos (segundo posto en disco e 2000 obstáculos) e o tercer posto acadado polo atleta Luis González, que a pesar de ser seleccionado a última hora por mor da baixa de Antonio Molina cumpliu enormemente ca selección, (Resultados completos)