Resultados

Borja Barbeito mellor marca española de xabalina con 68,83 metros.

Tres xabalinistas da Escola de Lanzamentos da Coruña desprazáronse este sábado 19 de xuño a participar no XXIII Memorial Silvia Mazón de Gijón .
A competición presentábase apaixonante entre lanzadores galegos e asturianos, e os resultados foron máis que brillantes para os nosos paisanos, que coparon os postos de podium da proba:
Vencedor alzábase Manuel Uriz, cuns excepcionais 71,96 mtrs, a pouco máis de metro e medio de superar a Marca de España Promesa.
Segundo posto fué para Jose Manuel Vila, que se fué ata os 69,29 mtrs. no seu primeiro lanzamento.
E completou o podium o atleta de categoría Junior Borja Barbeito, quen no seu sexto e último intento se fué ata 68,83 mtrs., NOVA MARCA DE ESPAÑA JUNIOR pulverizando os 67,66 mtrs. da marca anterior, que tiña unha antiguedad de 17 anos.
Nas próximas semanas do mes de xullo afrontarán os seus respectivos Campionatos de España, onde se presentan con grandes opcións de obter bos resultados Resultados

Compartir: