Resultados

Yao Zhu e Beatriz Pascual vencedores do GP Cantóns da Coruña de Marcha

O atleta chinés Yao Zhu levou o triunfo máis espectacular do Gran Premio dos Cantóns de marcha. Ata sete marchadores entraron no mesmo minuto, polo que unha proba de 20 quilómetros tivo que resolverse ao esprint. Nos últimos catrocentos metros impúxose o chinés por diante do colombiano Luís Fernando López. Juanma Molina, primeiro español, entrou sétimo, no mesmo minuto.
O moito publico que se deu cita na tarde de onte nos Cantóns, non salia do seu asombro ao contemplar que logo de 20 Km., oito atletas entrasen no mesmo minuto de 1h.21.11 do vencedor ata o oitavo posto do español Juan Manuel Molina con 1h21.57.Nunca nas vinte e tres edicións anteriores viuse nada igual. Os chineses eran favoritos e o triunfo de Zhu nin moito menos pode considerarse unha sorpresa. O que ninguén contaba era cunha proba de tantas alternativas e con tanta igualdade. Ao longo dos 20 quilómetros abundaron as substitucións na cabeza, pero ningún dos candidatos ao triunfo foron capaces de coller uns cantos metros de distancia. Así foron devorando quilómetros ata que a falta de catrocentos metros a marcha converteuse nun esprint de catorce pernas. O velocista na Coruña foi Zhu, superou por un único segundo ao colombiano e este á súa vez noutro a Zuang, que completou o podio. Eder Sánchez, que xa é un clásico fíxose coa cuarta praza entrando case pegado.
A categoria feminina tivo cor española e chego con Beatriz Pascula logrando un tempo de 1h.28.02 O dominio de Beatriz foi desde o inicio ao fin e desde o arranque foi na cabeza xunto coa irlandesa Olive Loughnane e a portuguesa Beira Santos , que foron as que acompañaron á española no podium.
En resumo un GP de Marcha que o próximo ano cumprirá as vodas de pratas. Esperemos celebralo ao grande ¡parabén a todos polo GP vivido¡ Resultados Resultados 10 Km.

Compartir: