Nas dependencias do Excmo. Concello da Coruña fíxose a presentacón da
XXIV Edición Cantóns da Coruña de Marcha.
O acto estivo presidido polo Concelleiro de Deportes da Coruña D. Xan Martínez Caxigal e o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos Baz.
A representación de
atletas correu a cargo dos chineses Hao Wang (ouro na Copa do Mundo 2010) e Liu Hong (Bronce no Mundial de Berlín) o mexicano Eder Sánchez (Bronce
no Mundial de Berlin) e o australiano Luke Adams (6º no Mundial Berlín)
O presidente da FGA agradeceu a presenza dos atletas,asi como ao Concello polo seu apoio para seguir mantendo o nivel do Gran Premio Internacional de Marcha
Pechou o acto o Concelleiro, que deu a benvida a todolos atletas participantes e desexóulles éxito na carreira, á vez que anunciou que A Coruña aspirará a realizar o ano que vindeiro a Final
Challenge Mundial.