Resultados

6º e 7º Posto para os equipos femininos do SF Lucus e Sociedade Gimnastica no Cto. España de 2º división

A actuación da representación galega na Fase Final de 2ª División Mulleres, onde intervenian a Sociedade Gimnastica de Pontevedra e o San Fernando Lucus Caixa Rural, quedando en 7ª e 6ª posición no encontro celebrado o pasado dia 13 en Salamanca.
O San Fernando Lucus cara á súa estrea nun campionato de España destas características. A Sociedade Gimnastica comezou a competición moi forte, pois durante a primeira parte da competición, mantiveron a segunda praza, pero ao final non puido lograr o ascenso debido ao oitavo posto logrado en catro probas.
A clasificación final, comandada polo potente equipo do FC Barcelona e o Sprint León que ascenden ambos , foi a seguinte:
1º Barcelona, 127 ptos; 2º Sprint León, 105; 3º Laietana, 99,5; 4º Caixa Rural Salamanca, 86; 5º Murcia, 86; 6º SF Lucus Caixa Rural, 82; 7ª SG Pontevedra, 77,5 e 8º Xirona 47.
A nivel individual destacar a espléndida vitoria nos 100 m de Patricia Carballo, atleta cadete do club asociado Coruña Comarca que realizou 12?44 e que atesoura condicións para converterse nunha estrela da velocidade.
Segundos postos para Paula Ferreiros en altura polo Lucus e Clara Gil en pértega, Angeles Filgueira en xavelina, Paula Mayobre en 3000 metros e Antia Martinez en 100 valos pola Gimnastica.
Sendo terceiras Marta Lolo en triplo, Pilar Grandio en 5 Km. marcha de Lucus e Helena Rei en peso e Irimia Mollinedo en martelo pola Ximnástica de Pontevedra

Compartir: