Resultados

Boa representación galega no Campionato Iberoamericano. Un total de 5 atletas galegos seleccionados

Do 4 ao 6 de xuño terá lugar en San Fernando (Cádiz) o Campionato Iberoamericano a RFEA publicou o pasado mércores o listado de atletas e adestradores e equipo médico que irá ca selección española. Neste selecto listado figuran 5 atletas galegos, Isaac Vicente Landín (martelo), Gustavo Dacal (Xavalina), Mercedes de Santalo (disco), Begoña Garrido (4×400) e Lorena Luaces (Marcha). Asemade o presidente da Real Federación Española de Atletismo, D. José María Odriozola convidou ao noso presidente, D. Isidoro Hornillos Baz para dirixir á expedición asumindo a importante labor de Xefe de equipo. Ademais tamén participarán ca selección o adestrador galego Mariano García-Verdugo (Director da EGA), e o fisioterapeuta David Rocha. Noraboa a todos e desexamos os maiores éxitos para os nosos atletas! Selección Española Video presentación

Compartir: