Carreira da Muller en Santiago

O circuíto Carreira da Muller promove desde a súa creación, fai sete anos, a loita contra o cancro de mama. Santiago súmase agora a Málaga, Barcelona, … A carreiraCarreria resultou unha festa e os preto de 2500 atletas que se deron cita foron os protagonistas
A atleta galega María Abel, dúas veces campioa de España de cros e dúas veces olímpica, impúxose hoxe na primeira edición da Carreira da Muller de Santiago
A tamén galega Chus Valiño terminou segunda e completou o podio a veterana Julia Vaquero, unha das mellores fondistas españolas da historia, que tivo a marca de España de 10.000 metros ata que o ano pasado quitoullo Marta Domínguez.
A carreira discorreu ao longo de 5,4 quilómetros en paralelo ao último tramo do Camiño de Santiago e concluíu na praza do Obradoiro

Compartir: