Gustavo Nieves: Mellor marca mundial nos 10.000 metros da Categoría T-12

Gustavo Nieves na mañá de hoxe sábado logra ser Campión de España de 10.000 ml e o W.R. coa marca de 30.55.52 oficial que POR FIN SERÁ HOMOLOGADA POLO IPC como marca Mundial da Categoría T-12 de deficientes Visuais que lle mete un bocado de 44.37 ao 31.39.89 anterior, como se pode observar nos resultados, a Federacion Española de Deportes para Cegos, xa tomaba como Marca de España a marca de 30.13.75 de Gustavo do Cto. Galego de Pontevedra do 10 de Abril de 2010, pero non así o WR do IPC, que despois do rutineiro control antidopaxe, farase efectivo nas próximas horas.
Conclúe asi Gustavo, unha clasificación para o Cto. do Mundo a disputar en Nova Zelandia en xaneiro de 2011 na proba que máis e mellor se adapta ás súas características, e doutra banda, na semana próxima enfrontarase de novo ao crono e ao tartán na proba de 5.000ml , para intentar tamén a clasificación e novo Tope Mundial, no Meeting Internacional de Atletismo Adaptado de Basauri, proba na que tamén o IPC homologa marcas como mínimas e récord. Mais información

Compartir: