A selección galega viaxa hoxe para Santander á disputa dos Xogos do Cantábrico

Unha selección de atletas xóvenes viaxarán hoxe ata Santander para disputar os Xogos do Cantábrico. As demais seleccións estarán compostas por atletas absolutos, pero a Comisión Delegada e Xunta Directiva da FGA apostou en levar a este encontro aos atletas xuvenís e juniors para promover a participación nestas idades en competicións nacionais, xa que os atletas absolutos xa poden participar no torneo de federacións de 1ª categoría. Galicia tentará de facer cun bo posto entre as seleccións de Pais Vasco, Cantabria e Asturias. A proba terá lugar o sábado á tarde.

Compartir: