Resultados

A atleta veterana internacional María Jesús Sanguos defendeu onte a súa tese doctoral obtendo a máxima calificación

A atleta galega internacional veterán, María Jesús Sanguos, defendeu onte no Salón de Graos da Facultade de Ciencias do Deporte de Pontevedra a súa tesis doctoral titulada “O atletismo Máster en Europa. A súa evolución e análisis”. Un traballo inédito que recolle toda a evolución no atletismo veterán a través dun estudio dos últimos 20 anos. María Jesús Sanguos, obtivo a máxima calificación, sobresaínte cum laude. O tribunal estivo composto polos seguintes doutores, o Dr. Manuel Guillén del Castillo (Univ. de Córdoba), o Dr. Pedro Durán (Univ. Autonóma de Madrid), o Dr. José Luis García (Universidade de Vigo), e os Doutores da Universidade de A Coruña, Isidoro Hornillos e Víctor Arufe. Dende a FGA desexámoslle felicitar por este importante acto académico.

Compartir: