Resultados

II Xornada Campionato de España de Clubs

A disputa da II xornada da Liga de clubs este fin de semana non foi a desexada polos clubs galegos.
División Honra
Terceiras posicións nos encontros disputados pola Sociedade Gimnastica de Pontevedra e o Ourense Academia Postal en terras andaluzas. Do encontro disputado en Nerja pola SGP, destacar a marca de 74,23 metros de Gustavo Dacal. En categoría feminina o Ria Ferrol Concepción Arenal quedou en 4 posición o o seu encontro celebrado en Zaragoza, o mesmo posto foi para o Ourense Academia Postal en Santander.
1ª División
O Real Club Celta de Atletismo desprazouse a Sabadell onde ocupou a segunda praza do seu encontro. O unico equipo galego que competeu en casa era o Atletismo Feminino Celta e esa pequena vantaxe non foi suficiente e ocuparon a terceira posición do seu encontro Actuacion Galega

Compartir: