O III Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e Educación Física celebrado os días 6,7 e 8 de Maio en Pontevedra, contou coa presenza de D. Mariano García Verdugo, responsable de medio fondo da RFEA, con “Adestramento da capacidade aeróbica a través de áreas funcionais”. A continuación, o Dr. D. Isidoro Hornillos, presidente da Federación galega de atletismo, impartiu un relatorio sobre “Adestramento da forza máxima e forza explosiva en mozos deportistas”. A xornada clausurouse coa mesa redonda acerca de ?O deportista a nivel autonómico e/ou nacional, Está realmente ben apoiado por profesionais e institucións? As profesións do deporte?, na que ambos interviñeron.