O pasado domingo celebrouse por parte do Club Atletismo Porriño a V Carreira As Agüiñas no Polígono Industrial da Granxa. A pesar do mal tempo previsto participaron 693 dos 1.236
inscritos, sendo 437 os nenos e nenas que se achegaron a esta xornada de atletismo, con 256 participantes na carreira absoluta, superando a pesar do mal tempo a
anterior edición. O corredor marroquí Essadaoui Essadaoui, Akka cun tempo de 21,45 foi o gañador da proba seguido de Bargiela Araujo,Daniel do Academia Postal de Ourense cun tempo de 21,52. E
en terceiro lugar Fuentes Gubian,Rafael cun tempo de 21,59. Na categoría feminina a gañadora foi Castro Soliño, Mª Soledad do Comemesaña Sporting cun tempo 25,53 seguida de Vaquero Sousa, Julia
cun tempo 26,42 e en terceiro lugar Pérez Rodríguez, Sara do A. Celta Feminino cun tempo de 28,39.