O pasado venres disputouse o IV Encontro Atlético Escola Naval-Combinado Galego

Disputouse nas pistas de Monterrey en Ourense o IV Encontro Atlético ca Escola Naval Militar de Marín, na que por parte do combinado galego participaron atletas do Club Ourense Atletismo Academia Postal e o Club Adas de Ourense. Por parte da Escola Naval asistiu o comandante xefe de instrucción e adestramento, capitán de corbeta D. Enrique Nuñez de Prado, , o xefe de Educación Física, teniente de navío D. Jesús Bayon e os cabos instructores Jorge Gago e David López. A selección deste equipo e control técnico da proba correu a cargo de D. Ramón Touza, capitán de navío e presidente da Gimnástica. Por parte da FGA asistieron Manuel Teijeiro Valledor, vicepresidente de la FGA, Manuel Rodríguez Díaz, vocal, Emilio Bosch, xefe de prensa e Santi Pérez responsable de marcha y seleccionador do equipo. O encontro amistoso rematou ca entrega dunha placa entre ambas institucións, e co compromiso adquirido por ambas partes en continuar con estes importantes e formativos encontros entre as dúas institucións. A vindeira cita terá lugar en Marín no mes de novembro.

Compartir: