Loito no Atletismo Galego

A xuíz nacional integrante do Panel A de Marcha. Josefina Romero Díaz faleceu no día de hoxe por causa dunha enfermidade que se agravou nos últimos días. Dende a FGA queremos facerlles chegar o noso abrazo ao seu marido Manolo Teijeiro e filla, lamentando tan sensible perda e desexámoslle a toda a familia o noso apoio nestes momentos tan duros co desexo de facer desde estas liñas unha pequena homenaxe a todo o seu labor como xuíz do atletismo galego.
Tanatorio Hospital Xeral de Ferrol . A misa terá lugar mañá domingo día 2 ás 13:00 horas na igrexa de Santa María la Nueva de Caranza,
Enterro o domingo dia 2 ás 10:00 horas no cemiterio de Catabois
D.E.P.

Compartir: