Esta mañá tivo lugar ao longo de varias horas o estudo das solicitudes presentadas polos deportistas galegos para optar ao recoñecemento DGAN. Entre os membros desta comisión atopábase o presidente da Federación Galega de Atletismo, así como outros directivos de diversas federacións. O atletismo obtivo 11 novos atletas recoñecidos polos seus méritos estes son: Gustavo Dacal, Pablo Denis, Denís Galán, David Gómez, Luis Moro, Santiago Pérez, Lucía Perez, Maximiliano Rodriguez, Isaac Vicente, José Vila e Pedro Nimo. Ademais dos anteriormente publicados no DOGA do 19 de novembro, Todos estes deportistas deben presentar a súa solicitude de beca antes do 15 de maio.