Resultados

Excelente balance galego nos Campionatos de Europa Máster indoor

Excelente balance do atletismo galego nos Campionatos de Europa indoor máster desenvoltos dos días 16 ao 24 de marzo na cidade polaca de Turun.

Un total de dez medallas (seis ouros, unha prata e tres bronces) así como un total de seis postos finalistas, foi o balance colleitado polos representantes galegos e galegas durante a disputa e celebración dos mesmos.

O marchador do Marineda Atlético Iván Morales volvía a erixirxe como un dos protagonistas desta edición ao lograr nada menos que tres títulos continentais nas probas dos 3.000 marcha con 12:28.34 e dos 5.000 marcha con 21:58 proba esta última, que tamén lle daba o terceiro dos títulos por equipos. Con estes novos éxitos o atleta de Carral, amplia o su dilato palmarés na que destacan varios títulos de campión mundial.

Tania Valverde do Ourense Atletismo regresaba a un podio continental, e o facía encaramada ao primeiro posto logo de lograr no concurso de lonxitude F35 un mellor salto de 5.52 m. Sen abandoar o foso de lonxitude, Basi Bernárdez de A Silva era outro dos galegos que sumaba un podio nestos campionatos, en concreto un excelente bronce na categoría M50 con 5.99 m.

Nas probas de velocidade, Miguel Gómez do Real Club Celta non tivo rivais sobre a súa proba predilecta dos 200 m. que domiñaba tanto nas rondas previas como na final. Os seus 22.92 na categoría M40 daban ao celeste o título europeo.

No apartado de relevos  Monse Fernández do Atletismo Sada lograba un título no colectivo na proba dos 4×200 F55.  O combinado de España conseguía impoñerse a xermanas, irlandesas, italianas, polacas e lituanas cun rexistro de 1:56.35.

Sen abandoar a terra sadense das mariñas, Angeles Ripoll era outra das galegas que lograba podio en Torun, en concreto unha pelexada medalla de bronce nos 3.000 m. F65 con 13:32.06

Por último, o representante galego con máis idade nestes campionatos Pablo Fervenza, regresaba con dúas importantes medallas na categoría maiores de 70. O carismático atleta do Samertolameu colleitaba a prata na modalidade de Cros con 26:26 e a medalla de bronce sobre a maratón cun rexistro de 3h.40:34

De igual modo tamén salientamos os postos de finalistas acadados por Juán Luis Paz do C.A.Sada na proba dos 60 valos M50,  Miguel Gómez do R.C.Celta nos relevos 4×200 M40; Esther Pedrosa nos 1.500 e 3.000 m. M60; Angeles Rodríguez  de A Silva nos 3.000 m. M65 e de Pablo Fervenza do Samertolameu nos 3.000 m. M70.

España de terceira no medalleiro por equipos

Este excelente resultado galego contribuiría a que o atletismo máster español en conxunto, ocupara o terceiro posto no medalleiro por paises cun total de 128 medallas (56 ouros, 33 pratas e 39 bronces) por detrás dos anfitrións polacos e da selección xermana.

Compartir: