Resultados

A FGA asina un convenio de colaboración ca Fundación AVAN

Tralas xestións feitas ao longo destes últimos meses o presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos asinou hoxe un convenio de colaboración ca Fundación AVAN representada por Dª. Cruz María Barrientos y Conde. Con este convenio distintos estamentos do atletismo galego vanse a ver favorecidos, especialmente os organizadores de probas atléticas. O convenio cubre un vacío existente ata agora e ofrece unha cobertura sanitaria ás competicións incluidas no calendario oficial da FGA. A Fundación AVAN ofrece aos organizadores un servicio de ambulancia asistencial de soporte vital básico con dous técnicos sanitarios a un coste moi económico. Todolos organizadores deberán poñerse en contacto ca FGA no caso de estar interesado en este servicio froito do convenio. Web Fundación AVAN

Compartir: