Cto. España Juvenil: Oros para Paula Ferreiros en altura e Belén Toimil en Peso: Plata: Carlos Porto en 1500; Bronce , Lidia Parada en peso

Este fin de semana celebrouse e campionato de España na categoría xuvenil en pista cuberta, e o resultados xeral dos galegos foi moi positivo.
Un total de catro medallas foron as conseguidas polos nosos representantes. As medallas de ouro foron para Paula Ferreiros do San Fernando Lucus, en altura con 1,65 metros e Belén Toimil do Sierra Narón en peso con 12,20. A medalla de prata foi para Carlos Porto do Real Atletismo Celta en 1500 con 4.06.66 e a de bronce logrouna Lidia Parada do Barbanza en peso con 11,76.
Destacar á atleta do San Fernando Lucus, Alicia Merino en pentatlón que con 3161 puntos quedo a 50 puntos da medalla de bronce. En combnadas tambien tomo parte Sonia Beceiro que se retirou antes da disputa dos 600 metros.
Record Galego batido:
Outra gran noticia foi a protagonizada pola atleta do Barbanza, Jessica Rial que logrou mellora a mellor marca galega xuvenil na 400 metros ao facer 58.56 e deixar atrás a anterior marca de 58.8 de Teresa Rojas lograda en xaneiro do ano 1980. Tamén gran rexistro de Carlos Porto do Celta en 1500 con 4.06.66 (mellor marca galega con cronometraxe electrico)
A FGA felicita a todos os atletas que tomaron parte no Campionato. ¡parabén¡ Actuacción Galega

Compartir: