Dentro dos pasos dados dende a Federación Galega de Atletismo neste novo mandato federativo encabezado polo presidente Iván Sanmartín, remataba recentemente o proceso de modificación organizativa do seu persoal consistente na aplicación dun novo convenio colectivo laboral no cal se encadraría máis correctamente, a actividade desenvolta pola maioría deles, así como a modificación das súas funcións dentro da estructura federativa.
O obxectivo non foi outro que acadar unha unificación das condicións laborais de todos os traballadores co fin de optimizar o funcionamento federativo desde un punto de vista organizativo e de evitar situacións de desigualdade dentro da propia plantilla de traballo.
Ademáis, esta importante e precisa medida adoptada, profundizará nunha serie de melloras no tocante á estrutura da FGA en continúo movemento desde o inicio do mandato tales como o funcionamento e operatividade diaria, as funcións específicas de cada un dos traballadores ou a atención aos diferentes estamentos que compoñen o atletismo galego, entre outras accións, que se irán implementando dun xeito progresivo.