Os xuvenís galegos competirán este fin de semana en Oviedo, no
XXXIII Campionato de España xuvenil en pista cuberta, cunha representación na que predominan as mulleres.
Encabezando a lista de inscritos, a internacional do Barbanza, Lida Parada, en lanzamento de peso, proba na que tamén poden aspirar a medalla Belén Toimil e Tatiana
Legaspi, ambas do Sierra Narón. É ademais a proba con maior presenza galega, xa que a elas súmanse Adrián Estévez e Luís González, do San Narciso de Marín, no peso de 5kg
masculino.
Claramente destacada, Paula Ferreiros (Lucus), que parte en segundo lugar en salto de altura. Antía Martínez (At. Morrazo), en 60m valados, Sonia
Beceiro (Narón) en pentatlón e Marta Casanova (Lucus) en 800m, defenderán as súas opcións a podio.
En canto aos mozos, Carlos Porto (RC Celta), en 1500m e Adrián Estévez (San Narciso), en peso, son os que chegan mellor situados. Iván Rodríguez
Maceiras, do Suárez Marquier competirá en altura e lonxitude, e a lucense Alicia Merino, tamén dobrará en pentatlón e 60m valados.
Unha vez máis, nótanse as ausencias nas probas de velocidade, nas que Galicia apenas conta con figuras destacadas
Completan a representación galega Lorena Guitián(ADAS) salto de altura; Kevin López(Narón), tamén en altura; Carlos Moro(Riazor), en 60m valados; Miriam López(Lucus), en 60m lisos y Jessica Rial, del Barbanza en 400m