Campionato de España de Campo a través: Dez medallas para os atletas galegos

Finalizado con gran brillantez o Campionato de España celebrado no circuíto da Torre, o balance para os atletas galegos cabe cualificalo de positivo. Foron nove as medallas alcanzadas polos nosos representantes. Na categoría Promesa debutou Sandra Mosquera, que obtivo a medalla de bronce, afianzando a súa extraordinaria progresión.En Veteranos, foron primeiros Xosé Otero en M-55; Julián Bernal en M-90 e Dolores García en W-55. A segunda praza foi para Antonio Soliño en M-55; Manuel Rosales en M-70 e Francisca Romasanta en W-60 e Manolo Vigo Otero..
.En terceiro lugar clasificáronse Enrique Landesa en M-65 e Xosé L. Merodio en M-60 Gran expectación durante a proba.
Moito público acudiu a presenciar a proba, o que unido á admiración que causou o vistoso, accesible e impresionante circuíto, fai albergar a esperanza de que A Coruña sexa sede dun Campionato de Europa a un non moi longo prazo. A presenza do Alcalde, Corporación Municipal, Secretario Xeral para ou Deporte e como non, a do Presidente da RFEA, realzaron a brillantez do Campionato. O Presidente da FGA expresou publicamente o seu agradecemento aos medios de comunicación e ao público que asistiu ao Campionato Resultados FOTOS

Compartir: