Resultados

Campionato de España Junior en pista cuberta

San Sebastián acollerá este fin de semana o Campionato de España junior en pista cuberta, ao que acudirán varios atletas galegos.
As opcións a medalla son esta vez escasas. Leticia Fernández(OAAP), no seu primeiro ano de junior, parte coa mellor marca en 1500m, ademais de ser 4ª no 800m. Iria Abelleira(OAAP) en pentatlón e altura, Leticia Gil(ADAS) en altura e Denís Galán(OAAP), en 60m valos poderían meterse en postos de podio. Eva Costas (Fem Celta), vixente campioa de lanzamento de peso, volve tras unha lesión, e ocupa o 5º lugar. inscritos

Compartir: