Resultados

Hoxe tivo lugar a presentación oficial do XCII Campionato de España de campo a través Coruña 2010

No Concello de A Coruña presentouse esta mañá o XCII Campionato de España de campo a través que se disputará no Circuito da Torre de Hércules o vindeiro domingo día 7 de marzo. Ao acto asistiu o concelleiro de deportes D. Xan Martinez Caxigal, e o Presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos Baz, quen tamén representou a Real Federación Española de Atletismo como membro da Xunta do Goberno da RFEA entre outras personalidades das empresas privadas e institucións públicas. O Concello de A Coruña estase a volcar completamente, dende xa fai meses, na organización deste prestixioso evento de nivel nacional que sen dúbida algunha será un gran atractivo para as mais de 1500 persoas que presenciarán este evento na cidade. A Federación Galega de Atletismo circulou na tarde de onte a selección dos atletas galegos que representarán a Galicia e que intentarán subir ao podium nas distintas categorías. Lembremos que no pasado ano a selección galega absoluta masculina acadaba a terceira posición de entre todalas comunidades participantes. SELECCIÓN GALEGA WEB DO CAMPIONATO

Compartir: