Resultados

David Ferrer e Iria Abelleira novos Campións Galegos Absolutos de Probas Combinadas

Nas pistas da Universidade de A Coruña celebrouse o sábado e o domingo o Campionato Galego de Probas Combinadas. Pese a mala climatoloxía reinante en Galicia, os atletas máis polifacéticos loitaron por mellorar os seus rexistros e especialmente por acadar o metal mais apreciado. David Ferrer da Sociedade Gimnástica de Pontevedra con 3378 puntos e Iria Abelleira do Ourense Atletismo Academia Postal con 2845 puntos son os novos campións galegos absolutos de probas combinadas de inverno. Nas restantes categorías proclamáronse campións: Jorge Moro e Marta Lolo con (cadete), Sonia Beceiro e Carlos Moro (xuvenil), Iria Abelleira e José I. Tomás (junior) e David Ferrer (promesa). Noraboa a todos eles! Resultados

Compartir: