Resultados

As pistas de Elviña acollen o Campionato Galego de combinadas de inverno

O fin de semana no Estadio Universidade da Coruña celébrase o Campionato Galego de probas combinadas de inverno. A competición estaba programada en pista cuberta, pero por mor da folga de funcionarios de instalacións deportivas tense que facer ao aire libre.
A competición dará comezo á 16,00 horas do sábado, rematando a xornada sobre as 20.45 horas. O domingo ás 10,00 horas seran os participantes de heptathlon con 60 valos os que inicien a xornada, rematando sobre as 14,25 horas.
Aproveitando o campionato celebrarase un control cas seguintes probas: 60 ml . 200 ml. 300 ml. 600 ml e Triplo salto (homes e mulleres) e 800 metros lisos homes. Horario inscritos combinadas

Compartir: