No pasado sábado no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte tiveron lugar distintas reunións dos Comités que integran a Federación Galega de Atletismo, así como a Asemblea Xeral Ordinaria 2009. Ao longo de mais de 5 horas reuniuse a Xunta Directiva e Comisión Delegada para tratar importantes pilares da xestión da Federación Galega de Atletismo. Aprobáronse os documentos relativos ás contas da FGA, a liquidación provisional 2009 e o proxecto de orzamento 2010, tamén se trataron as propostas presentadas polos asembleistas e o calendario de competicións, un calendario que cada ano contén un maior número de probas resultando cada vez mais complexo distribuir adecuadamente as competicións sen que exista, ás veces, un solapamento de probas. Xa na sesión de tarde tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria. Nela aprobáronse os orzamentos e a liquidación provisional, así como o calendario e tratáronse os rogos e preguntas suxeridos polos participantes nesta importante reunión da FGA. O presidente agradeceu enormemente a presenza de todos os membros que se achegaron ata Santiago para traballar por un atletismo mellor na nosa comunidade. Tamén destacou as renovacións que haberá na xestións das federacións deportivas galegas, propostas pola Secretaría Xeral para o Deporte, como é o código do bo goberno das federacións ou ás auditorías obrigatorias, e que a Federación Galega de Atletismo xa fixera no pasado exercicio de forma voluntaria. O informe da auditoría reflicte a boa xestión que se está a facer dende esta federación, destinando practicamente un 83% do orzamento para os gastos das actividades atléticas. Tamén salientar que aprobouse unha proposta de remitir á Secretaría Xeral para o Deporte un documento que reflicte as necesidades e convenios sobre o uso de instalacións atléticas da Comunidade Autónoma de Galicia, de maneira que ningún atleta federado se vexa obstaculizado para o desenvolvemento da súa actividade atlética e que todolos concellos e institucións que teñan unha pista de atletismo ou módulo aseguren o seu mantenemento e o dote do material básico para a práctica do noso deporte. Nesta proposta remitida, tiña prioridade a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos, a través da creación dun módulo e dotación de material para a instalación, ademais de outros proxectos.
No pasado sábado no Salón de Actos da Secretaría Xeral para o Deporte tiveron lugar distintas reunións dos Comités que integran a Federación Galega de Atletismo, así como a Asemblea Xeral Ordinaria 2009. Ao longo de mais de 5 horas reuniuse a Xunta Directiva e Comisión Delegada para tratar importantes pilares da xestión da Federación Galega de Atletismo. Aprobáronse os documentos relativos ás contas da FGA, a liquidación provisional 2009 e o proxecto de orzamento 2010, tamén se trataron as propostas presentadas polos asembleistas e o calendario de competicións, un calendario que cada ano contén un maior número de probas resultando cada vez mais complexo distribuir adecuadamente as competicións sen que exista, ás veces, un solapamento de probas. Xa na sesión de tarde tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria. Nela aprobáronse os orzamentos e a liquidación provisional, así como o calendario e tratáronse os rogos e preguntas suxeridos polos participantes nesta importante reunión da FGA. O presidente agradeceu enormemente a presenza de todos os membros que se achegaron ata Santiago para traballar por un atletismo mellor na nosa comunidade. Tamén destacou as renovacións que haberá na xestións das federacións deportivas galegas, propostas pola Secretaría Xeral para o Deporte, como é o código do bo goberno das federacións ou ás auditorías obrigatorias, e que a Federación Galega de Atletismo xa fixera no pasado exercicio de forma voluntaria. O informe da auditoría reflicte a boa xestión que se está a facer dende esta federación, destinando practicamente un 83% do orzamento para os gastos das actividades desenvoltas. Tamén salientar que aprobouse unha proposta de remitir á Secretaría Xeral para o Deporte un documento que reflicte as necesidades e convenios sobre o uso de instalacións atléticas da Comunidade Autónoma de Galicia, de maneira que ningún atleta federado se vexa obstaculizado para o desenvolvemento da súa actividade atlética e que todolos concellos e institucións que teñan unha pista de atletismo ou módulo aseguren o seu mantenemento e o dote do material básico para a práctica do noso deporte. Nesta proposta remitida, tiña prioridade a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos, a través da creación dun módulo e dotación de material para a instalación, ademais de outros proxectos.