Os marchadores galegos desafiaron o frío reinante no Campionato Galego de marcha en ruta na Coruña

No circuíto dos Cantóns da Coruña, celebrouse hoxe o Campionato Galego de Marcha en Ruta. O frio reinante non foi obstáculo para que un bo numero de marchadores se achegaran ata o clásico circuito urbano dos Cantóns.
A competicición comenzou ca proba de 3 Km. marcha na categorías alevin-infantil, e o atleta do Cuntis Daniel Chamosa fíxose co triunfo cun rexistro de 15.39 (nova mellor marca galega infantil) e a súa compañeira de equipo Carmen Fontes con 16.52 fíxose co titulo infantil. En alevíns Brais Prieto con 16.54 e Antia Chamosa con 18.47, ambos do Cuntis, foron os vencedores.
Ás 11,30 horas deuse a saída aos cadete cun percorrido de 5 Km e os 20 Km, para a categoría aboluta., sendo a vencedora Marisol Diz (Cuntis) con 26.50 e Adan Fabregas (RIA) con 27.34 os campións galegos. Na carreira de 20 km. o vencedor foi José Fernandez con 1.42.0 pero sen opción ao titulo, ao ter licenza pola Universidade de Oviedo, sendo Manuel Xullo Angeira do RCC quen se proclamou campión cun rexistro de 1.46.0.
A seguinte carreira foi a de 2 Km. coa participación dos benxamíns, onde se proclamou campión Roberto Vieiro do Cuntis con 14.48.
Rematando a competición coa saída dos 10 Km., resultado ser unha carreira moi vistosa, houbo diversas descalificacións, e os catro atletas que marchaban nos primeiros postos finalmente foron descalificados. A primeira atleta en cruzar a liña de meta foi a favorita Lorena Luaces do OAAP cun tempo de 48.02, logrando a segunda praza Eva Iglesias (Bidezabal) con 49.00 e en terceira posición Rocio Carbia (OAAP) con 53.44. En homes o podium estivo composto por Manuel Treus (SGP) con 53.37, Daniel Abeledo (ASN) con 53.59 e Antonio Reboiro (Lucus) con 54.54 Resultados FOTOS

Compartir: