Reducida participación galega no Campionato de España promesa que se celebrará
os días 13 e 14 no Palacio de Deportes San Pablo, en Sevilla. Tan só 12 atletas, 10 mozos e dúas mozas estarán presentes na cita nacional en pista cuberta.
As opcións a podio corren a cargo de Afonso Palomanes (Ourense Ac. Postal) en triplo salto, bronce en 2009; Jean Marie Okutu(Sociedade Ximnástica de Pontevedra), en lonxitude, modalidade da que é
actual campión de España absoluto, e Santiago Ferrer(SGP) en heptathlon. Precisamente nesta proba participarán outros dous atletas galegos, David Ferrer (SGP) e Telmo Beceiro(At.Sierra Narón). Nos
800 tomara parte Alberto Chaves.
En postos de finalista, Alexandre Soa(OAAP), en salto con pértega, Pablo Comendador(SGP), tamén en lonxitude, e o propio Okutu, en triplo salto, ademais de Maximiliano Rodríguez(R.C.Celta), que
correrá os 60m lisos. Samuel Paz, en 200m e 400m e Carlos Igrexas, en 60m valos, completan a lista masculina.
En canto ás mulleres, Paula Mayobre disputará o 3000m, e Lucía Pérez buscará bater a marca galega de triplo salto