Oito atletas galegos foron invitados pola RFEA.

A Real Federación Española de Atletismo fixo pública a relación de atletas convocados para o Criterium de lanzamentos que se celebrará en Xaén o próximo 6 de marzo. Dun total de 48 lanzadores, seis por especialidade e sexo, a sexta parte corresponde a atletas galegos, o que dá idea da importancia do sector a nivel nacional.
Un sector que non se limita a unha única zona xeográfica ou adestrador, xa que técnicos de prestixio como José Manuel Hermida, Raimundo Fernández, Santiago Ferrer ou Javier López Viñas, entre outros, achegan habitualmente lanzadores aos Campionatos nacionais e internacionais, con moi bos resultados.

Os convocados nesta ocasión, son Mercés de Santaló (Porto de Alacante) e Víctor Galego (S.G.Pontevedra), disco; Gustavo Dacal (SGP), José M. Vila (Playas Castellón), Lida Parada (At. Barbanza) e Ana Bermúdez (Praias de Jandía), en xavelina; Isaac Vicente (A.D. Marathon), martelo e Elena Estévez (At. Fem. Celta), peso.

Isaac Vicente, marca persoal e mellor rexistro galego da tempada.
No Torneio de Lançamentos em Fevreiro celebrado o pasado sábado en Vilanova de Cerveira(Portugal), o atleta vigués Isaac Vicente, lanzou o martelo de 7.260kg a 68.39m, a só 19cm da marca galega absoluto que posúe J.M.Almudí desde o ano 1995, con 68.58m. Vicente é o actual subcampión nacional absoluto da modalidade.

Compartir: