O atletismo galego vivirá esta fin de semana por vez terceira o desenvolvemento do Campionato de España de pista curta na instalación de Expourense no que será a súa edición número sesenta de campionato.
Ao longo de todas estas edicións, o atletismo galego estaría sempre presente en todas e cada unha delas chegando a colleitar un total de 55 títulos estatais desde a primeira edición do ano 1965 ata o último campionato disputado o pasado ano nas pistas madrileñas de Gallur.
As pioneiras galegas abriron o camiño
A primeira das galegas en acadar un título de España indoor foi unha das pioneras do atletismo galego, a coruñesa Natacha Astray, quen na primeira edición desenvolta en Madrid no ano 1965 lograba o campionato na proba dos 50 m. valos, triunfo que repetiría un ano despóis sobre a mesma distancia. Nesa segunda edición, tamén desenvolta en Madrid, continuaron ciméntandose os triunfos galegos desta vez da man de María Luisa García no lanzamento de peso logrando ademáis con 11.90 m. un récord de España.
O primeiro campionato de España para un home foi para o tamén coruñés Manolo Porta quen lograba nos 2.000 m. un rexitro de 5:37.2 na segunda edición do ano 1966.
Xa na década dos anos sesenta e setenta destacaron os catro títulos de España logrados polo estradense e residente en Vigo, Ramón Magariños que sobre a proba dos 400 m. conseguía ininterrumpidamente os títulos dos anos 1968 ao 1971 establecendo de igual modo un récord de España baixo teito no ano 1968. Jorge Zapata nos 60 valos nas edicións de 1974 e 1976 así como o expresidente da Federación Galega Isidoro Hornillos no ano 1979 ca proba 400 m. e no 1982 ca dos 200 m., foron quenes lograron subir ao máis alto do caixón en máis dunha ocasión.
A época dos anos oitenta tivo en María José Martínez Patiño a súa protagonista ao convertirse na clara dominadora dos valos. A súa calidade fixo dela proclamarse campioa de España indoor nos anos 1982, 1984 e 1985 conseguindo ademáis o récord de España con 8.45 ne edición disputada en Madrid no 1984.
Xunto á Patiño, o que chegaría a ser catro veces internacional Xamín Fernández domiñaba na época dos Abascal e dos Sanchez Várgas a mítica distancia dos 1.500 m. nas edicións disputadas en Donosti nos anos 1983 e 1984. Sen abandoar esta distancia Andrés Díaz proclamábase campión de España nos anos 1992 e 1997 na proba dos 800 m. para facelo xa no ano 2000, sobre a distancia dos 1.500 m. Sobre esta mesma distancia colleitaría os seus maiores logros entre os que destaca un bronce mundial así como o récord europeo indoor no 1999.
Na categoría feminina a ferrolá Rocío Rodriguez tamén sumaba títulos sobre esta distancia que a levarían ao máis alto do podio nos anos 1999 en Sevilla e 2000 en Donosti
Peleteiro, Okuto e Toimil
Sen lugar a dúbidas o gran tempo do atletismo chegaría xa entrado o século XXI na que os nomes de Okutu, Peleteiro e Toimil marcaron e marcan, un salto cuantitativo moi importante.
A primeira medallista olímpica do atletismo galego Ana Peleteiro, encabeza o ranking con nada menos que sete títulos de campioa de España, rexistro que poderá seguir mellorando e ampliando. Belén Toimil pola súa banda, é nestes intres a líder do concurso de lanzamento de peso cuxo tope e limite está ainda por escribir. Esta fin de semana tanto Peleteiro como Toimil, terán oportunidade de sumar máis títulos aos seus xa de por si, dilatados palmarés.
Mención a parte ten o olímpico Jean Marie Okutu domiñador da modalidade de lonxitude durante a pasada década con cinco títulos, e cuxo último ouro de España, lograbao precisamente na edición do ano 2020 desenvolta en Ourense nun vibrante concurso mantido co tamén excepcional saltador alacantino Eusebio Cáceres.